Vigo, sábado 09 maio 2015

1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
3000 (XUV ATA VET) 15 inscritos 12:15 3 km 07/05/2015 6,00 plazas
1000 (DENDE XUV ATA VET) 41 inscritos 11:00 1 km 07/05/2015 6,00 plazas
1000 (CADETE) 6 inscritos 11:00 1 km 07/05/2015 0,00 plazas
500M (BENX-ALEV-INF) 57 inscritos 10:00 0,5 km 07/05/2015 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 119 inscritos
O Real Club Celta de Atletismo e o Club Atletismo Feminino Celta, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Comité Galego de Xuíces, Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e ABANCA, organizarán no mes de Maio o “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”.

Dita competición nace coa intención de impulsar a competición de pista no Atletismo Popular e darlle difusión á competición de Liga Nacional de Clubs de División de Honra que terá lugar ese mesmo día; nun mesmo día convivirán o atletismo popular co atletismo en pista ao máximo nivel. Ademais, tamén haberá competición para os
nenos e nenas en idade escolar.

Data e instalación: O “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” terá lugar o vindeiro sábado 9 de maio a partir das 10:00 horas nas Pistas Municipais de Atletismo de Balaídos (Vigo).

A inscrición ampliación ata o 07/05/15 ás 22:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo.

Entrega de dorsal e “bolsa do atleta”: Os dorsais recolleranse na zona de secretaría da pista o mesmo día da competición, cunha hora de antelación sobre a proba na que se participe. Entregarase un único dorsal que irá colocado na parte dianteira da camiseta xunto coa “bolsa do atleta”.

SORTEOS Grazas aos nosos patrocinadores, todos os atletas inscritos entrarán no sorteo de varios agasallos co seu número de dorsal.
*A entrega de premios realizarase ao final da competición, sendo obrigatoria a presenza do atleta para recibir o premio. 

Outros servizos: Os atletas participantes terán á súa disposición os vestiarios e as duchas da instalación, ademais de dispoñer dun servizo de garda roupas.

  • Nas carreiras de 500 m, 1000 m e 3000 m. e en todas as categorías as series serán dun máximo de 25 participantes cada unha
  • Haberá unha cámara de chamadas pola que terán que pasar todos os atletas 20 minutos antes de cada carreira.
  • Haberá “LEBRES” de gran nivel e experiencia que marcarán o ritmo de carreira segundo o nivel de cada serie.
  • O salto de lonxitude, salto de altura e lanzamento de peso, para as categorías menores, organizarase de forma conxunta nunha actividade lúdica non competitiva.
A partir das 17:00 horas e na mesma instalación, celébrase o Campionato de España de Clubs de División de Honra. A A.D. Marathón (Madrid), Real Sociedade (Pais Vasco), Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Real Club Celta de Atletismo enfrontaranse na primeira xornada da competición. Dende a Organización animamos a todos os atletas inscritos no “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” a asistir coma siareiros e poder vivir así unha xornada de atletismo en pista ao máximo nivel.