"¿Eres divertid@, diferente, dinámic@? Entón estás preparad@ para participar nunha carreira divertida e diferente, estás preparad@ para participar na 1ª COLOR RUN "DIVERSICORRE", unha carreira/andaina solidaria pola diversidade, para adultxs e nenxs. ¡Ven a Lugo o día 21 de maio as 18'00h na Praza Maior a pasar unha tarde chea de deporte, agasallos, música e baile!
Trae unha camiseta branca ou crara e entre tod@s faremos unha preciosa foto-finish impregnad@s de maravillosas cores.
¡Por unha vida chea de cor e diversidade!"
As Asociacións Enriqueta Otero, ARELAS, Asociación de familias de menores trans de Galiza e a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple, ALUCEM.
Coa colaboración da FGA e baixo o control técnico do comité galego de xuices organizan o vindeiro 21 de Maio a 1ª CARREIRA DIVERSICORRE, COLOR RUM xunto coa Andaina solidaria en prol da igualdade e a diversidade.
Con este proxecto que presentamos dende As Quetas, ARELAS e ALUCEM buscamos realizar unha actividade sociocultural e deportiva que propicie un ambiente distendido e divertido como contexto de reivindicacións sociais, reivindicacións que teñen que ver coa igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade humana.
HORARIO E DISTANCIAS
- 18:00h ALEVÍN e INFANTIL: nados 2006-2003 (500 metros).
- 18:15h ADULTOS e CADETES: nados en 2002-2001 ata absolutos nados a patir do 2000 (5000 metros)
- 18:30h PITUFOS: nados en 2009 - 2011 en adiante (50 metros).
- 18:30h ANDAINA: (1000 metros).
- 18:40h BENXAMÍN: nados en 2008-2007 (100 metros).
INCRIPCIÓNS: ata o martes 17 de maio.
RECOLLIDA DE CHIPS E DORSAIS: Supermercado Leclerc o xoves 19 e venres 20 de maio de 17:00-20:00 horas.