venres, 21 de xullo de 2017

VILAÑO PREPÁRASE PARA ACOLLER A MÁIS DE 750 PERSOAS NA SEGUNDA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO

A Organizacion do evento considera un éxito o número de inscritos acadado, con 250 persoas máis ca na pasada edición.

xoves, 20 de xullo de 2017

A XIV NOCTURNA AMPLÍA AS CATEGORÍAS ABSOLUTAS. (Fonte: www.diariodearousa.com)

Unha das carreiras nocturnas máis antigas de Galicia, a de Vilagarcía, celebra o vindeiro sábado 22 a súa XIV edición, repetindo fórmula en canto a percorrido pero ampliando as súas categorías de adultos.

mércores, 19 de xullo de 2017

RIBEIRA SERÁ EN SETEMBRO SEDE DO CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O 10 de setembro celebrarase a primeira edición do Medio Maratón Ribeira 21 que, á súa vez, será o campionato galego desta disciplina para as categorías júnior, promesa e veteranos.

luns, 17 de xullo de 2017

ABETA A INSCRICIÓN PARA TOMAR PARTE NA CARREIRA NOCTURNA DE VILGARCÍA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

É unha das competicións que aos poucos se fixeron un oco no calendario galego de populares polos seus especiais características. 

luns, 17 de xullo de 2017

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA XI CARREIRA POPULAR CORUÑA10. (fonte: www.coruna.gal)

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abre hoxe, ás 14.00 horas, o prazo de inscrición para participar na décima edición de Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello coruñés.

domingo, 16 de xullo de 2017

MÁIS DE 400 INSCRITOS NA SEGUNDA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO EN VILAÑO-A LARACHA.

Corredores da talla de David Castro (subcampión do mundo de duatlón), Amador Pena, Angel Maceiras, Manuel Oliver e Nicolás Domínguez, favoritos na categoría absoluta, mediranse este sábado 22 en terreo larachés.

venres, 14 de xullo de 2017

AMPLIO DISPOSITIVO PARA A CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO NA LARACHA

Un total de 5 policías locais, 25 voluntarios de protección civil, e 50 persoas da organización poñeran a orde no evento.

martes, 11 de xullo de 2017

ABERTA A INSCRIPCIÓN RIVEIRA 21 - XXVII CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN

O Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro 10 de setembro de 2017 o I Medio Maratón Riveira21, que será a súa vez Campionato de Galicia

luns, 10 de xullo de 2017

HURACÁN HURTADO ARRASAN NO 10K (Fonte: www.www.diariodearousa.com)

Manuel "Huracán" Hurtado, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, fixo valer a súa condición de favorito e impúxose onte na 10 K de Cambados cun tempo de 31 minutos e 25 segundos, correndo a proba a un ritmo de 3'09'' por quilómetro.

luns, 10 de xullo de 2017

HURTADO E JOSELYN GAÑAN A POPULAR DE CAMBADOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Carreira Popular Concello de Cambados volvía onte ao calendario do atletismo galego tras a súa ausencia do mesmo o ano pasado, na que foi a súa sétima edición.