mércores, 29 de novembro de 2017

TODO PREPARADO PARA A CORRESAN PONTE MANTIBLE - VITE (Fonte: www.corresan.com)

O vindeiro sábado pecharase o circuito CorreSan 2017 coa celebración da proba de Vite. Infórmate aquí de todo.

Ponte Mantible – Vite, derradeira proba do VI Circuito de Carreiras Saudables do Concello de Santiago, proba onde se decidirá o circuito 2017. Consulta aquí toda a información relativa á proba:

HORARIOS E DISTANCIAS:
16:45 horas — Carreira Benxamín – Alevín  (1 km aprox.)
17:00 horas — Carreira infantil – cadete  (2 km aprox.)
17:20 horas — Carreira xuvenil e superiores  (5,9 km aprox.)

SERVIZO DE DUCHAS:
Pavillón Municipal de Vite en horario de apertura de 17 a 20 horas. Ubicación do pavillón:  Aquí

PERCORRIDOS:
Podes consultalos nesta páxina web.
Ubicación Parque Ponte Mantible: Aquí

REPARTO DE DORSAIS:
Levarase a cabo na pista polideportiva que hai no interior do Parque da Ponte Mantible.
Ubicación Parque Ponte Mantible: Aquí

INSCRICIÓNS:
Ata o xoves 30 de novembro ás 23.59 horas nesta web ou presencialmente na planta de Deportes de El Corte Inglés Santiago.

#NONETOLEMIAEPAIXON #REMATACORRESAN2017