domingo, 03 de decembro de 2017

RUBÉN DIZ E ANA MARÍA OCAMPO SAEN AIROSOS DO GUILLELME BROWN (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O clásico de campo a través do  Guillelme  Brown volveu dar onte un espectáculo en todas as súas categorías, nun pelotón encabezado na súa categoría absoluta por Rubén Diz (Ourense Atletismo), que segue dando mostras do seu excelente estado de forma. Onte, no colexio de Pereiro de Aguiar percorreu os 4,2 quilómetros en 12.11 minutos, avantaxando a  Ziad  Nagihi ( Limiactiva) en nove segundos e en dezasete a Xullo Nóvoa (Arenteiro). Na categoría feminina gañou Ana María  Ocampo (Burgas), cun tempo de 14.04, por diante da súa compañeira de equipo  Vicky Losada, que cedeu vinte e tres segundos e de Aida Martínez (ADAS), relegada en 32.

Ana Isabel  Soutullo e Fernando  Troncoso dominaron a tradicional proba para pais, nais e profesores, mentres nas categorías inferiores impoñíanse: Antía Castro (Ourense) e María Nóvoa (Ourense) na proba  sub 16/18, así como Said  Abdoun  Bechiki ( Limiactiva) e Fabio Xusto (Ourense). En  sub 14 gañaban  Marcela  Morgado ( Trega) e  Héctor Rodríguez ( Aurum), en  sub 12  Naroa Pereira (Ben  Cho  Shey) e *Álex  Sierpes ( Trega), en tanto que en  sub 10 Carmen  Cabot (Tríatlon Pavillón) e Miguel  Santana (Limia).