domingo, 01 de xaneiro de 2017

ROTUNDO ÉXITO NA PRIMEIRA SAN SILVESTRE OURENSÁ (Fonte: www.laregion.es)

A primeira San Silvestre ourensá concluíu cun éxito que supera o previsto polos organizadores. Un número de inscritos que supera os mil, foron vos protagonistas da última carreira do ano. Para acompañalos, un multitudinario público que animou aos participantes durante todo o percorrido.

O espírito da San Silvestre ten máis que ver co espírito do Nadal que co competitivo, por iso a pesar de que houbo gañadores, todos os corredores foron igual de importantes no evento, e iso fíxose notar.

A demanda por parte dos deportistas ourensáns por fin fíxose oír e puideron despedir o ano como máis lles gusta, correndo. O ambiente da carreira, como non podía ser doutra forma, foi festivo. Non era raro atoparse co típico corredor disfrazado, mentres os ánimos e gargalladas do público acompañaban aos valentes deportistas, que tiveron que facer fronte ao frío como mellor saben.

Ao final da carreira repartíronse chocolates e unha bolsa de cotillón para todos os participantes, un bonito xesto, por parte da organización, formada por máis de 30 persoas.

O gañador da primeira San Silvestre ourensá foi o atleta local Rubén Diz. Aínda que o importante neste evento non eran os tempos nin as clasificacións. Senón pasar un estupendo intre en familia e facendo deporte.