domingo, 01 de xaneiro de 2017

PEDRO NIMO E RAQUEL SUÁREZ REPITEN VITORIA NA SAN SILVESTRE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A San Silvestre de Santiago 2016 reuniu a case dous milleiros de deportistas na Praza do Obradoiro, punto de saída e chegada para a carreira que despide o ano e que en cada edición segue gañando capacidade de convocatoria. Do mesmo xeito que no 2015, a vitoria quedou en casa. Pedro Nimo impúxose con autoridade no cuado masculino, cun tempo de 17.37, e Raquel Suárez fixo o propio no feminino, cun crono de 20.03.

Diego Barreiro e Arturo Ramos, por unha banda, e Inés Castaño e Esther Pedrosa, nai da gañadora, completaron o podio. Os vencedores suman xa tres vitorias nas catro edicións que se disputaron ata a data.

Como en anos anteriores, a San Silvestre foi unha cita para a competición pero tamén para a diversión, para ir baixando o pano ao 2016 á carreira, con bo humor, en familia e en cuadrilla, co mellor dos talantes. Desde que soou o pistoletazo de saída ata que partiron os últimos participantes (un grupo de cabaleiros ataviados con saias azuis a cadros e escudos) pasaron máis de dous minutos e medio.

A indumentaria do Nadal de Papá Noel foi a máis socorrida por quen optou por aparcar a vestimenta deportiva. Pero non había que dar moitas voltas para ver avispas, superheroes, ao cociñeiro de Ratatouille, saias hawaianas, orixinais medusas, renos e selfies individuais e de grupo. A falta de seis horas para pechar o ano, os peregrinos cederon protagonismo na Praza do Obradoiro aos atletas na carreira máis festiva do curso.