luns, 02 de xaneiro de 2017

PAULA MAYOBRE E TOÑO TEIJO GAÑAN A SAN SILVESTRE DAS PONTES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Nunha tarde fría e asollada disputouse a sexta edición da San Silvestre pontesa. A competición contaba con máis de 600 participantes, dous terzos competían na carreira e o terzo restante na camiñada a pé.
Comezaron competindo os máis pequenos e nos prebenjamines houbo triunfos locais. Os vencedores foron Íker Díaz e Lara Ramil, seguidos de Mario Lozano e Lara Cebreiro, e Iago Belas e Carla Casal, respectivamente.

Na proba benxamín venceu a ferrolá Alba Espiña, seguida de Noa Souto e Antía Otero. O naronés Lucas Rodríguez logrou a vitoria en nenos, seguido de Lucas Blanco e Xandre Domínguez. Na carreira alevín gañou a coruñesa Alba Barallobre, seguida de Carolina López e Aroa Domínguez. Nos alevíns triunfou o tamén herculino Daniel Salgueiro, seguido de Mario Pena e Destaw Pellón.

Dobrete pontés na proba infantil onde venceu Celia Durán, por diante de África Morales e Doua Belhaj, mentres que na proba masculina gañou o xogador do As Pontes Hugo Blanco , seguido de Antón García e Bilal Belhaj. Na categoría cadete venceu Clara Díaz, de Ponferrada, acompañada no podio por María Prieto e Aldara Alonso. O ferrolán Marcos Gómez venceu en masculino, secundado por Xoel Trastoy e Víctor Abebe.

Xa na categoría absoluta a vencedora foi a gran atleta de Ares Paula Mayobre, que revalidou o título conquistado en 2014. Acompañouna no podio a deportista do Tríatlon Ferrol Sara Guerrero e a pontesa Laura Cabarcos. A competición absoluta masculina foi gañada por Toño Teijido, de Guitiriz, seguido moi de preto do ferrolán Iván Pontes, quedando terceiro o ironman pontés Aitor Franco.

Para rematar, entregáronse os premios aos diversos disfraces. Na categoría infantil venceu Anira Montenegro coa “bolsa de uvas da sorte”. Nos adultos, en individual gañou Cristina Cebreiro cun “brinde”, e na categoría de grupos o mellor disfrace foi o da dupla Merce Fernández e Goretti Ramos co “monstro das galletas”. Entregaron os diversos premios os concelleiros Toñito Castro, Chicho Tembrás, Ana Pena e Isa Fornos. Como vén sendo habitual nas últimas edicións houbo chocolatada quente para os participantes.