sábado, 11 de novembro de 2017

OS ATLETAS AFRICANOS GARANTEN ESPECTÁCULO NA CARREIRA DE NEGREIRA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A participación de atletas africanos, con marcas sobre os 29 minutos nos 10.000 metros, converten á Carreira Popular de Negreira nun espectáculo único dentro do atletismo en Galicia. Ata hoxe non se saberá o número exacto de corredores de elite que mañá tomarán a saída na clásica a partir das 10.50 horas. A inscrición nas cinco probas supera os 1.500 participantes, dos que 582 correrán a carreira reina. Máis de cento cincuenta farano na nova 5K que inclúe a xuvenís e cadetes.Entre os atletas de elite que xa están en Negreira destaca o marroquí Mohammed Blal, fincado en Granada e que posúe unha marca de 29.08 en dez quilómetros ruta. De inicio parte co cuarto mellor rexistro dos inscritos. O primeiro posto é para o seu compatriota Jaouad Chemlal, do Praias de Castelló.

Entre os favoritos sobresae Jaouad Tougane, tamén do Praias de Castelló, que fixo un segundo e un terceiro posto nos seus dúas anteriores participacións. En Negreira hai que ter en conta nomees como o dos portugueses Hugo Pinto e Nuno Costa. Este último afincado en Oroso e que vén de gañar a popular de Santiago por segundo ano consecutivo.

Entre os galegos inscritos están Pedro Nimo, Rubén Caamaño e Alberto Carou. En mulleres, Raquel Suárez Pedrosa, Paula Mayobre e Rocío Alvite, sen esquecernos da exolímpica lusa Clarisse Cruz.

En canto á participación por clubs, destacan o Sar, Noitebra, Santiago, Fontes do Sar e Negreira. En categorías escolares, o Noia. Dentro dos atletas locais non faltarán Luis Calvo, Miguel Vieito e os irmáns Rubén e Carlos Martínez, así como o fondista Jorge Crespo, quen ultima a súa posta a punto para o maratón de Valencia que un ano máis correrá o 19 de novembro.

Esta carreira estreará o seu circuíto homologado pola Federación Española cun 5K (unha volta) que sairá ás dez da mañá, seguido do 10K (dúas voltas). Seguirán tres carreiras escolares desde as doce: infantís, alevíns e benxamíns (1.200 metros), prebenjamines (250) e chupetes (200 metros).

Fonte: www.lavozdegalicia.es