venres, 19 de maio de 2017

O GRAN PREMIO DE MARCHA CANTONES, SERÁ TAMÉN ESCIARIO DA I MARCHA POPULAR ABERTA A TODO O MUNDO

Coma todos os anos dende fai xa trinta e unha edicións, o Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña achégase a cidade herculina xunto a un importantísimo elenco de marchadores de taia mundial e olímpica.

Nesta edición, que acontecerá o sábado dia 03 de xuño a partir das 17.50 horas sobre unha diastancia de 2 km., haberá importantes novidades. Segundo Isidoro Hornillos Presidente da FGA " Queremos dar un novo pulo a este importantísimo evento abrindo a cidadania  a través dunha marcha popular solidaria cuia recaudación irá integramente destina coma fin social á Cociña Económica da Coruña"

Ademáis preténdese da mesma maneira " Aproveitar o fermoso circuito para abrilo ás xentes ca idea de que tomen parte no evento a modo de andaina, marchando, camiñando ou apurando e na que a única condición esixible é a de non correr"

As inscricións estarán abertas ata o xoves 1 de xuño (Aquí)