mércores, 20 de setembro de 2017

NARÓN ENVÓRCASE ESTE DOMINGO CON ASOTRAME NA TERCEIRA EDICIÓN DA SÚA CARREIRA SOLIDARIA (Fonte: www.diariodeferrol.com)

Narón correrá este fin de semana a favor dos transplantes de medula ósea. As inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara acollerán este domingo a terceira edición da Carreira Solidaria a favor da Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (Asotrame). Así o presentou onte o concelleiro de Deportes naronés, Román Romeu, acompañado de Cristina Piñeiro e David Vivar, presidenta e integrante de Asotrame, respectivamente.

"Estamos moi contentos do éxito que acada ano tras ano esta iniciativa, que xa vai pola súa terceira edición", indicou o edil que lembrou que o pasado ano sumáronse a esta proposta solidaria 1.200 persoas. Unha cifra que esperan superar para esta edición que arrincará ás once da mañá coa carreira absoluta e a camiñada de cinco percorridos de lonxitude para as categorías superiores.

Os máis pequenos "Pitufos" completarán un percorrido de 100 metros; Escolares 1 un quilómetro, mentres que Escolares 2 alcanzarán os 1.500 metros, tal e como avanzou Cristina Piñeiro.

O custo de participación é de oito euros para os adultos mentres que os menores abonarán dous euros. As inscricións deben formalizarse antes deste xoves 21 de setembro a través da páxina web www.carreirasgalegas.com "a hora límite son as 23.59 horas2. Na mesma páxina poderanse realizar os donativos co Dorsal 0.

Os participantes deberán retirar os seus dorsais o sábado 23 nas instalacións comerciais de Decathlon en horario de dez a dous e de cinco a nove ou no caso de recollelos o mesmo día da proba, unha hora antes nas inmediacións da saída.


Fonte: www.diariodeferrol.com