domingo, 08 de xaneiro de 2017

MARÍA CABADAS E ERO DOCE GAÑAN A CARREIRA POPULAR DE SAN XIAO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A carreira popular de San Xiao, que onte celebrou o seu trixésimo cuarta edición, reuniu a máis dun milleiro de atletas na cidade. A proba, que tivo a súa saída e meta nas inmediacións do pavillón de Esteiro, discorreu ao longo de dez quilómetros pola zona centro de Ferrol, incluída unha pequena parte no Arsenal Militar. Na competición masculina o triunfo foi para o atleta de Cabanas, aínda que agora reside en Narón, Ero Doce que cubriu o percorrido en 32.09; a segunda praza foi para Leonardo Rodríguez Pena, con 32.31 e a terceira posición ocupouna Jonathan Fernández Ríos, 32.38. En cuarto lugar entro Jacobo Xesto, con 32.45 e a quinta praza foi para o triatleta naronés Brais Canosa, que xa gañou esta proba en varias ocasións, con 33.05.

A primeira muller en cruzar a liña de meta foi María Cabadas, cun tempo de 40.22; a segunda praza ocupouna Begoña Pacio López, con 41.36 e en terceiro lugar entrou Ana Abuín Rodríguez, 41.51. A naronesa Sara Guerreo foi cuarta, con 42.36 e Ángela Torrente quedou no quinto posto con 43.12.

Ero Doce gañou na súa primeira participación nesta proba. Este atleta, que agora compite e estuda Matemáticas e Física en Estados Unidos, bolseiro na Universidade de San Luís, declarou ao final da proba que lle pareceu unha carreira dura, aínda que as baixadas axudaban a recuperar un pouco.

María Cabadas, que xa gañou en varias ocasións esta carreira, sinalou que a de San Xiao é unha carreira bonita, aínda que destacou que fora dura.

Fonte: www.lavozdegalicia.es