mércores, 28 de decembro de 2016

MÁIS DE 700 PARTICIPANTES COMPETIRÁN NA SAN SILVESTRE DE FENE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Fene despedirá o ano cunha San Silvestre. Para correr nesta proba inscribíronse xa máis de 700 persoas. A carreira para menores partirá o venres, ás cinco e media da tarde, e discorrerá por todo o centro urbano da localidade.

Quince minutos máis tarde iniciarase a proba de categoría absoluta. Un total de 800 metros será o percorrido para os pequenos e de 3,8 quilómetros para os adultos.

Fonte: www.lavozdegalicia.es