domingo, 03 de decembro de 2017

JONATHAN FERNÁNDEZ E BEGOÑA PACIO GAÑAN O MEMORIAL ADOLFO ROS (Fonte: www.lavozdegalcia.es)

O atleta de Neda, Jonathan Fernández, na categoría masculina, así como a naronesa Begoña Pacio, en mulleres, proclamáronse campións da trixésimo segunda edición do Memorial Adolfo Ros, Volta á Ría. A competición, que se disputou nunha mañá xélida ao longo de 21 quilómetros, media maratón, polos catro concellos do fondo da ría ferrolá, contou coa participación de 823 atletas, repartidos entre a proba de categoría absoluta e as carreiras de menores.

En categoría masculina Jonathan Fernández, do club Pasa ou Entorna, dominou a proba desde os primeiros metros. Marchouse só e así realizou a totalidade do percorrido. Entrou na meta, situada nos arredores do pavillón de San Valentín, no Concello de Fene, cun tempo de 1.10 20. Máis de dous minutos de vantaxe ao segundo clasificado, Julen Basrterretxea, que marcou un tempo de 1.12.59; a terceira praza foi para Fernando Lorenzo, con 1.13.11.

A primeira muller en cruzar a liña de meta foi Begoña Pacio López, que realizou un tempo de 1.26.38. A corredora do mesmo club que o gañador en homes, Pasa ou Entorna, foi a gañadora da proba na categoría de máster B.
En handbike gañou Álvaro Illobre (Pulpeiros de Mugardos), con 47.53, seguido por Iván Montero (Enki) con 49.17.

Por categorías os tres primeiros clasificados foron os seguintes:
Máster A mulleres: Sonia López, 1.30.23; Nati García, 1.30.53 e María José Trastoy, 1.32.43.
Máster A homes: Fernando Lorenzo, 1.13.11; Carlos González, 1.14.25 e Pedro Escolante, 1.14.33.
Máster B, mulleres: Begoña Pacio, 1.26.38; María Cabadas, 1.27.07 e Inés Papín, 1.27.43.
Máster B, homes: Oliver Pérez, 1.13.55; Rubén Liñares, 1.14.28 e Eduardo Sicre, 1.16.05.
Máster C, mulleres: Zulema Pericón, 1.36.17; Begoña Sicre, 1.41.59 e María Isabel Carro, 1.47.12.
Máster C, homes: Ricardo Álvarez, 1.14.38; Jesús Álvarez, 1.18.31; José Luis Bouza, 1.19.44.
Máster D, homes: José Anxo Pita, 1.20.36; Ramiro Couce, 1.29.26 e Jorge Vilariño, 1.30.28.
Sénior feminino: Mónica Mesquita, 1.33.39; Noelia González, 1.35.28 e Jennifer Bures, 1.39.31.
Sénior masculino: Jonathan Fernández, 1.10.28; Julen Basterretxea, 1.12.59 e Diego Ruiz, 1.13.39.
Sub20 mulleres: Irena Mera, 1.48.49.
Sub 20 masculino: Eloy Villanueva, 1.22.59; Yago Freire, 1.38.35 e Jorge García, 1.54.16.
Sub 23, homes: Noel Soto, 1.20.41.

O participante de maior idade foi Antonio Cabana, do Egovarros de Viveiro, nacido o 11 de marzo de 1940, que realizou un tempo de 1.46.40.

Polo que se refire ás categorías de base, na saída para os sub-18 e sub-16, gañou Marcos Gómez, seguido por Jorge Morado, Nordés Ventureira, Esteban Gómez e Pablo Fernández.
Na proba para sub-14 e sub-12 gañou Martín González, seguido por Diego Carballeira, Marco Margharetto, Lucía Piñón e Daniel Portomeñe.

Para rematar, en sub-19 ele triunfo foi para Pablo Vázquez, seguido por Noa Ardao, Javi Campos, Cristina Gómez e David Graña.