luns, 13 de marzo de 2017

JAVIER TOURÍS FORNOS IMPUXO A SÚA LEI EN CAMARIÑAS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Javier Tourís Fornos (A Coruña) cumpriu os prognósticos ao conquistar a primeira cita do circuíto Correndo pola Costa da Morte, a Carreira Popular Concello de Camariñas. Na categoría feminina, a mellor foi a soneirana Paula Trillo.

Na competición participaron 597 atletas dos 820 inscritos. A categoría máis numerosa foi a 10K, con 311 corredores, e seguiulle a 3K, con 100. Unha das grandes novidades foi a categoría adaptada, na que competeron catro deportistas, dous na modalidade de cadeira de rodas e igual número na handbike.

As diferentes probas levaron a cabo desde 10.15 horas con moito público e, incluso, chegou a caer un forte chuvieiro, instantes antes de darse a saída á proba de 3K.

A cita reina foi a mais esperada e a que pechou a xornada. Sorprendeu a forza con que saíu Rubén Martínez (Negreira), que despois de saír de Camariñas en dirección a Mourín, quedou só imprimindo o ritmo. Tras el, un pelotón integrando por sete atletas, liderado en todo momento por Javier Tourís, que sempre tivo ao escapado no horizonte. Na subida ao alto da Vela, tanto Iván Redondo (Rábade) como Javier Tourís (A Coruña) imprimiron un cambio de ritmo para pasar a liderar a competición e así chegaron ao alto, para ao enfilar a baixada cara á localidade. Tourís impuxo a súa fortaleza e habilidade para deixar a varios metros ao seu rival.

No grupo perseguidor, Míchel Antelo foi de menos a máis ata alcanzar o segundo posto, que repite por terceiro ano consecutivo. Tras el, o lucense de Rábade e despois o primeiro camariñán, Adrián Luaces, que demostrou a gran progresión que está a ter nestes anos.

Paula Trillo volveu exhibir a súa forma de correr alegre. Soubo dosificarse ben para entrar en meta con forza, xa que se situaba nun pequeno repecho que puxo a máis dun en apertos para culminar os dez quilómetros.

Fonte: www.lavozdegalicia.es