martes, 05 de decembro de 2017

IMPORTANTE: APRAZAMENTO DA I CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTRO DE REI

Desde carreirasgalegas. com, poñémonos en contacto con todos os participantes  da  CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CASTRO DE REI do próximo 8 de decembro foi aprazada para comunicarvos que por motivos alleos á Federación Galega de Atletismo a carreira foi aprazada.

Nestes momentos non se concretou oficialmente a nova data na que terá lugar a carreira. 
Polo que se vostede o desexa, a súa inscrición será reservada para a nova data (en canto nos sexa comunicada, será debidamente publicitada), ou ben a través do seguinte mail de contacto (info@carreirasgalegas.com) pode solicitar a devolución do importe da devandita carreira, aportando no mail os seus datos persoais (Nome, apelidos e DNI)

Un cordial saúdo e desculpe as posibles molestias ocasionadas