xoves, 23 de marzo de 2017

I CARREIRA HOLI GAIAS

A Holi Gaiás é a divertida carreira popular coa que lle daremos a benvida á primavera o sábado 25 de marzo na Cidade da Cultura de Galicia.

Unha actividade saudable, familiar, lúdica e de carácter non competitivo na que lembraremos o Joli (????, holi en (en sánscrito) ou Holi (en inglés),  un popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de polvos naturais tinguidos con colorantes vexetais.

As camisetas dos participantes, brancas ao comezo da carreira, rematarán sendo auténticos arcos da vella con múltiples e escintilantes cores despois de realizar un divertido percorrido de 5km a través de distintos espazos da Cidade da Cultura nos que os corredores se verán inmersos en nubes multicolor de polvo Gulal, nunha explosión de alegría que celebrará o triunfo da primavera sobre o inverno, e o comezo dunha nova estación na que desfrutar da natureza, os espazos verdes e as actividades saudables.