luns, 08 de maio de 2017

GAÑARON JUAN BUENO E PENÉLOPE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Juan Bueno Losada, de Macotera-Salamanca, e Penélope Martínez Xusto, de Arteixo, foron os vencedores absolutos da primeira edición da Carreira Popular Concello de Coristanco. Celebrouse onte coa presenza de 157 corredores, dos que 62 competiron na proba absoluta de 9 quilómetros e 71 metros.A xornada comezou para os anotados na categoría benjamín-alevín (22 participantes), continuou cos da infantil-cadete (15) e seguidamente disputouse a proba reina.

Desde o primeiro momento, o gran favorito, Cristian Muíño (Coristanco), puxo un ritmo alto e xa nos dous primeiros quilómetros produciuse unha selección na cabeza. Quedou el, Juan Bo, que sería o gañador, e Jacobo Xesto. Mais distanciados transcorrían Xan Collazo e Manute. A calor foi constante sobre un circuíto chairo, aínda que tiña un par de duros repechos que puxeron a proba a todos os participantes. Na carreira houbo dous abandonos e o último, o carballés José Manuel Facal, entrou cun crono dunha hora, cinco minutos e 1 segundo.

Había que darlle dúas voltas ao circuíto. Na segunda foi cando Juan Bo deu o tirón e deixou a Cristián Muíño, que entrou un pouco máis atrasado.
Os xuíces da Federación Galega de Atletismo controlaron a competición, que foi organizada pola concellería de Deportes do Concello de Coristanco. Tamén tiveron a súa importante presenza os membros de Protección Civil das agrupacións de Coristanco, Arteixo, Zas, Cabana e Malpica, así como os membros da Policía Local.

O vencedor absoluto, Juan Bo, levou o seu peso en patacas, que foi de 61,60 quilos.