martes, 08 de agosto de 2017

FINALIZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA CARREIRA NIGRÁN AREA (Fonte: www.farodevigo.es)

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor organizan o 12 de agosto a sétima edición da Nigrán Area, carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

O prazo de inscrición finaliza mañá mércores 9 de agosto ás 20.00 horas, ben a través da web www.carreirasgalegas.com, na piscina mancomunada da Ramallosa e, nas categorías menores a veteranos e xuvenís tamén poden anotarse nas oficinas de turismo de Nigrán.


Fonte: www.farodevigo.es