luns, 09 de outubro de 2017

FERROL CORRERÁ CONTRA O CANCRO O VINCEIRO DOMINGO 12 DE NOVEMBRO (Fonte:www.ferrol360.es)

Xa temos data para a carreira popular AECC en marcha Contra o cancro, corre por Ferrol, será o vindeiro domingo 12 de novembro.

Como sempre, os participantes poderán percorrer os cinco quilómetros da carreira camiñando ou correndo e tamén haberá carreiras para péquelos.
As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir na web de Carreiras Galegas e na sede da entidade, situada e a rúa Real Nº 6, 1ºD en Ferrol. O prazo finalizará o vindeiro xoves 9 de novembro e no caso dos adultos deberán abonar unha contía de sete euros e péquelos un euro. Toda a recadación destinarase á asociación Española Contra o Cancro.

Tamén existe a posibilidade de realizar unha doazón a través do dorsal 0, para aqueles que non poidan asistir á carreira. Desde a organización informan ademais que o avituallamiento sobrante doarase á Cociña Económica de Ferrol.

O percorrido da carreira desenvolverase polo centro de Ferrol, con saída e chegada no Cantón de Molíns. Os nenos empezará ás 10.00 horas e a proba para os adulltos iniciarase ás 11.00 horas. Haberá premios para os tres primeiros clasificados na categoría feminina e masculina e tamén se premiará ao grupo ou equipo máis numeroso e ao participante máis veterano e veterana.

A retirada de dorsais e camisetas poderase facer o día antes da carreira en Decathlon Ferrol de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas ou o mesmo día da proba, ata media hora antes do comezo da mesma, no Palco da Música do Cantón de Molíns.