domingo, 08 de outubro de 2017

EL MOUAZIZ E SOLANGE PEREIRA GAÑAN A POPULAR CORUÑA 10 (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Abdelhadi El Mouaziz e Solange Pereira (con mellor marca persoal) foron os máis rápidos nunha carreira con tres milleiros e medio de participantes. Superaron cun tempo de 30.24 e 34.37 a Alejandro Fernández (30.31) e David Soto (30.59), e a Joselyn Brea (34.50) e Ester Navarrete (35.05).

A carreira percorreu 10.000 metros polo paseo marítimo da enseada do Orzán, entre as rotondas do Millennium e da torre de Hércules, con saída e meta na contorna do Palacio dos Deportes de Riazor. O perfil do trazado, que está homologado pola Real Federación Española de Atletismo, era practicamente chairo e contribuíu por iso a mellorar as marcas dos participantes. A marca da proba estaba situado en 28:09 na categoría absoluta masculina e en 31:40 na feminina.
Tamén organizaronse carreiras para menores de idade, nas que participaron nenas e nenos nados desde o ano 2012 ata o ano 2001.
Así, en función do ano de nacemento, establecéronse as categorías prebenjamín (2010, 2011, 2012), benxamín (2008 e 2009), alevín (2006 e 2007), infantil (2004 e 2005), cadete (2002 e 2003) e xuvenil (2000 e 2001).