venres, 30 de decembro de 2016

DOCE E MAYOBRE GAÑAN EN FENE (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A atleta aresana Paula Mayobre, así como Ero Doce, foron os gañadores da cuarta edición da San Silvestre de Fene, proba disputada na tarde de onte no centro urbano da localidade, coa liña de saída e chegada nas inmediacións do Concello de Fene.
En mulleres gañou Paula Mayobre, que competiu polo seu club Escola de Atletismo Paula Mayobre, a segunda praza foi para a atleta independente Meri González Reina , mentres que a terceira posición a ocupou a triatleta naronesa Sara Guerrero Manso.

Polo que se refire á competición masculina, o gañador da proba foi o atleta santiagués, Ero Doce González, seguido por Santiago García Rodríguez, do Club de Atletismo Narón, mentres que a terceira posición foi para Iván Pontes García, que compite polo Tríatlon Ferrol.

Tomaron parte na carreira ao redor de 700 persoas, repartidas nas distintas categorías, así como nunha proba de menores, que se celebrou quince minutos de antes da carreira absoluta. A entrega de premios aos tres mellores por categoría estivo presidida polo alcalde do Concello de Fene, Juventino Trigo, poucos minutos despois de que finalizase a proba.

O percorrido da carreira absoluta foi de 3,8 quilómetros, mentres que a de menores foi de 1,2 quilómetros.
Tamén se disputou unha para os máis pequenos, denominada pitufos, cun percorrido de cen metros.Paralelamente á carreira celebrouse unha camiñada de 2,6 quilómetros na que participaron máis dun centenar de persoas.