mércores, 04 de xaneiro de 2017

CAMPIONATOS DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS O DÍA 29 EN RIBADAVIA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A Federación Galega de Atletismo organizará o día 29 de xaneiro en Ribadavia o 82º Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Júnior de campo a través individual e por equipos e o 50º campionato feminino da mesma modalidade e categorías. As distintas probas teñen comezo en horarios entre as 11.00 e as 13.05 horas e percorridos aproximados de 5.000, 7.000 e 9.000 metros.As inscricións nas distintas probas realízanse a través de sistema online na web da federación (Enlace Aquí) e o día límite é o 24 de xaneiro.

Fonte: www.lavozdegalicia.es