luns, 07 de agosto de 2017

ABERTO O PRAZO PARA A CARREIRA NA PRAIA DE RAZO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O club deportivo Os Muditos, xunto coa Federación Galega de Atletismo, abriu o prazo para anotarse na cuarta edición da proba Correndo pola Praia de Razo, que se disputará o día 27 deste mes, domingo, a partir do mediodía. Os interesados xa poden facelo en www.carreirasgalegas.com


Os organizadores esperan contar cuns 300 participantes na categoría de maiores, de 5 quilómetros, aínda que tamén haberá para pitufos (100 metros), alevín e benxamín (media volta, 1,25 kms) e cadete e infantil (2,5 kms).

Colaboran o Concello de Carballo, Deputación, Viraxes SL, EFA Fonteboa, Lotería Alexandra, Metal Cebey, Bema e varios bares de Razo.


Fonte: www.lavozdegalicia.es