domingo, 14 de maio de 2017

ABDELKADER E ÓSCAR OS MELLORES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Abdelkader Bougueroudj e Óscar Fernández foron os vencedores da terceira edición da carreira solidaria e nocturna De Dous en Dous de Carballo, cunha marca de participación, con 458 atletas, e coa mellor marca, 18 minutos e 26 segundos.
Tras os campións clasificáronse os gañadores da pasada edición, os carballeses José Antonio Señarís e José Inusa, que tamén melloraron o seu marcar. En terceira praza, o outro equipo de favoritos formado polo muxián Constante Lorenzo e o carballés Andrés Eirís.

O primeiro equipo mixto en chegar foi o de Paula Esteiro (Camariñas) e Damián Espasandín (Vimianzo), no posto quince da xeral, e as mellores parellas femininas foi a de Araceli Veiga e Carmen García, na posición 43 da xeral absoluta, na que finalizaron 128 pares e retiráronse oito. A proba, que foi organizada polo Atletismo Carballo, contou coa presenza de moitos espectadores. Na zona de saída e meta roldaron as 600 persoas. Tamén colaborou coa organización a Policía Local, Protección Civil de Carballo, voluntarios e membros de Media Ducia.

Si na proba absoluta houbo 136 parellas, que mobilizaron a 272 deportistas, en cadetes correron nove pares, e en infantís, trece.Na de carácter individual houbo 23 participantes en alevíns, 29 en benxamíns e 90 en pitufos, polo que houbo que realizar dúas saídas. A xornada concluíu coa entrega de trofeos na primeira planta do mercado de abastos.