domingo, 18 de decembro de 2016

A SAN SILVESTRE DE SANTIAGO XA SUPERA OS 350 INSCRITOS

A menos de 15 días da proba que pechará o V Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, a San Silvestre de Santiago de Compostela 2016 xa supera os 350 inscritos. A proba presentarase oficialmente o vindeiro martes no Pazo de Raxoi. A organización agarda máis de 2100 participantes, cifra de inscritos do pasado ano.

Xa podes consultar as novidades na páxina web www.sansilvestresantiago.com e inscribirte na proba coa que Despedirás o ano correndo por Compostela.