luns, 13 de marzo de 2017

A INSCRICIÓN PARA A CARREIRA E ANDAINA "PASOS SOLIDARIOS" PROMOVIDA POLO COLEXIO GALAXIA ESTARÁ ABERTA ATA O 22 DE MARZO. (Fonte: www.loqueyotedigo.net)

O colexio Galaxia ultima os preparativos da carreira e andaina "Pasos Solidarios" que, con saídas desde o Malecón, á altura da base de Cruz Vermella, celebrarase o domingo 26 de marzo en favor da loita contra o cancro.

Para tramitar a inscrición nesta actividade pódese facer ata o día 22 deste mes a través da páxina web www.carreirasgalegas.com e na secretaría do propio colexio.

O prezo da mesma para os adultos é de 5 euros e os menores pagarán 2 euros. Desde a organizaciçón indicaron qeu tamén se habilitará o denominado "dorsal cero" para que a xente poida achegar diñeiro. Mentres a Andaina discorrerá polo paseo de O Touro, a carreira será en dirección cara a O Caramecheiro.

Establécense as categorías absolutos, escolares A, escolares B e pitufos. Os adultos deberán completar un percorrido duns cinco quilómetros, os pitufos 150 metros, os escolares A 750 metros e os escolares B farán 2 quilómetros.

Fonte: www.loqueyotedigo.net