luns, 02 de xaneiro de 2017

A COSTIÑA DE CANEDO COMPLETOU UN CAMBIO DE ANO DE PURO DEPORTE POPULAR (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A que armou Saturnino González co seu costume de subir o día 1 de xaneiro á Costiña de Canedo. E xa van vinte e catro anos. O anfitrión conta agora co respaldo do seu club, o Atletas Veteranos Ourense e da propia federación galega, así como das institucións locais. Segue correndo, pero por aquilo da equidad moral: «Como organizador, non entro nas clasificacións finais».
Onte Saturnino foi o segundo en cruzar a meta, polo que á participación pedestre refírese, porque o superou o triatleta do BHV Sport, Marcos Juncal, o único capaz de baixar dos vinte minutos. O frío e a néboa que restou participación na liña de saída tamén lle pasou factura ao creador da proba, que viu como un dos seus compañeiros de equipo, Nando Reino era segundo, diante do verinés Joaquín Dobarrio.

Ana Soutullo, do Burgas, que viña de pechar o ano no podio de Castrelo de Miño impúxose na carreira feminina, con Marina Losada (Ourenrunning) e Mónica Nóvoa (Veteranos Ourense) completando os postos de honra. José Antonio Losada (Burgas Bike) e Conchi Pérez foron os ciclistas máis rápidos, mentres que Pablo Feijoo e Zulema González saíron airosos da carreira con cans. Ao cabo, un centenar longo de valentes desafiaron as duras condicións climatolóxicas da mañá ourensá.

E é que a provincia volveu demostrar a súa vocación atlética ou, polo menos o seu gusto polo running, o que xa deixaran moi no alto na despedida dun ano que tivo a primeira San Silvestre Ourensá no parque Barbaña, con Rubén Diz e Yolanda Gutiérrez como vencedores e máis dun milleiro de participantes que demostraron o futuro máis que brillante desta iniciativa do Club Aurum.