xoves, 05 de xaneiro de 2017

A CARREIRA DE SAN XIAO ROMPE A SÚA MARCA DE INSCRITOS (Fonte: www.lavozdegalciia.es)

É unha das probas máis emblemáticas dentro do calendario anual en Ferrol e parece que aínda non alcanzou o seu teito de participación, xa que a carreira de San Xiao rompeu o martes pola noite -o prazo terminaba ás doce da noite- a súa marca de inscritos, con 872 repartidos nas diferentes categorías. A cita, organizada polo Concello de Ferrol e na que non había que pagar para apuntarse, está prevista para este domingo.

A carreira para menores comezará ás 10.30 horas, mentres que os adultos arrincarán media hora máis tarde. A saída e a chegada será no pavillón de Esteiro e percorrerá para completar os dez quilómetros dos que consta o traxecto na categoría absoluta cálelas Ánimas, Españoleto, Avenida de Esteiro, Avenida de Vigo, MacMahón, Taxonera, Irmandiños, Arsenal Militar, Arguelles, Rastro, Costa de Mella, Igrexa, Rochel, Magdalena, Méndez Núñez, Real, Praza de España, Galiano, Dolores , Méndez Núñez, María, Praza de España e de novo Avenida de Vigo, MacMahón, Taxonera, Avenida de Esteiro, Fernando VI , Naturista López Seoane e Españoleto para terminar de novo en Ánimas.

Os organizadores calculan que sobre a unha da tarde terá concluído a proba. Ademais, o Concello de Ferrol informa de que haberá cortes de tráfico nas zonas polas que transcorre a carreira a partir das 9.45 horas, cando se dea a saída aos máis pequenos. Uns cortes que se prolongarán a partir das 10.45 horas cando se dea a saída para os corredores da categoría absoluta.