Padrón, sábado, 15 de abril de 2017

XXXVIII CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRON

A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 15 de abril de 2017 a partir das 10:45 horas, a XXXVIII edición da súa Carreira de Pascua que se disputará na proba absoluta sobre unha distancia de 10,5 km. As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 

  • A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NA PRAZA DE MACÍAS na localidade de Padrón.
  • INSCRICIÓNS: ata o mércores 12 de abril ás 23:59 horas. Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios. 
  • RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS: Realizarase o día da proba nunha carpa situada no PASEO DO ESPOLÓN a partir das 09.45 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba.