Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Brión, sábado, 07 de outubro de 2017

XXXV CARREIRA POPULAR DA AMAIA. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 25 inscritos 18:00 8 km 04/10/2017 5,00 plazas
INF - CAD 8 inscritos 17:45 1,5 km 04/10/2017 0,00 plazas
ALEVÍN 4 inscritos 17:30 0,5 km 04/10/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN 12 inscritos 17:20 0,5 km 04/10/2017 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 10 inscritos 17:10 0,35 km 04/10/2017 0,00 plazas
PITUFOS 45 inscritos 17:00 0,1 km 04/10/2017 0,00 plazas
Inscribirme Total: 104 inscritos
O Concello de Brión organiza a XXXV edición da súa carreira popular o sábado 7 de outubro a partir das 17 horas na Carballeira de Santa Minia (Brión) na que poderán participar atletas federados e non federados e que estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegacion de Santiago). Esta carreira está integrada dentro do V Circuito de Carreiras Populares de Deputación de A Coruña 
 
Inscricións: ata o mércores 4 de outubro de 2017 as 14:00 hrs. NON SE ADMITIRAN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. 
Recollida de dorsais: será as 16:00 h. na Casa da Cultura do Concello de Brión. Os dorsais-chip poderán recollerse ata 30 minutos antes do inicio da proba. 
Avituallamento: Haberá un avituallamento líquido na liña de meta para todolos particpantes e para os da carreira absoluta haberá outro avituallamento líquido aproximadamente no quilómetro 4,5. 
Servizos: O Concello de Brión porá a disposión dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo de Brión para que se poidan duchar. Así mesmo tamén porá a disposición dos corredores un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura. 
Premios:  
  • Recibiran trofeo e premio en metálico os tres primerios homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta. Os premios económicos establecense da seguinte maneira: 
1º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 200 € + TROFEO 
2º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 170 € + TROFEO 
3º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 150 € + TROFEO 
  
  • Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina, agás nas categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN que non serán competitivas e agasallaránselle medallas conmemorativas a tololos participantes destas duas categorías. 
  •  Na carreira absoluta tamén recibiran trofeo os tres primeiros homes e tres primerias mulleres en cruzar a liña de meta empradroados no Concello de Brión (para optar a este premio os atletas deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a inscrición) 
  •  Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira. 
  • Todos os participantes das categorías PITUFO/A E PREBENXAMÍN recibiran unha medalla conmemorativa. 
  • Todos os participantes inscritos recibirán unha CAMISETA TÉCNICA agasallo da organización como recordo da súa participación.