Pontevedra, domingo, 22 de outubro de 2017

XXII MEDIO MARATON DE PONTEVEDRA 2017

O Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza o domingo 22 de outubro de 2017, a partir das 11,00 horas, o “XXII Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2017” de forma “individual” ou/e formando parte dun “equipo mixto 3”. Esta proba deportiva está engadido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e do Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP).

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

  • INSCRICIÓNS NO MEDIO MARATÓN PONTEVEDRA CAIXABANK 2017: ata as 23:59 horas do día 17 de outubro de 2017 e non se admitirán inscricións posteriores.
  • PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO. A tradicional “quedada” a unha volta de todo o percorrido, será o martes 17 de outubro ás 20.00 horas, é de acceso libre, e sairá de diante da porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asequible e pensado para dar a coñecer todo o percorrido. Prégase acudir con prendas exteriores de cores chamativos.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
  • GARDARROUPA: Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición no Pavillón Universitario.
  • A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS: Farase no Pavillón Universitario (Maxisterio) na r/ Padre Gaite o día venres 20/X de 17.00 a 20.30 e o sábado 21/X de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Excepcionalmente o día da proba de 08:30 horas a 10:00 horas, só para as persoas que veñan de fora da comarca.