Ordes, domingo, 10 de setembro de 2017

XXII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE ORDES. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 105 inscritos 17:50 9,5 km 07/09/2017 4,00 plazas
INF E CADETE 20 inscritos 17:00 3 km 07/09/2017 0,00 plazas
BENX E ALEV 51 inscritos 18:00 1 km 07/09/2017 0,00 plazas
BABY E PREBENX 70 inscritos 17:30 0,5 km 07/09/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 246 inscritos

XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL

O Concello de Ordes celebra a XXII edición da súa Carreira Popular, pertencente ao V Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación da Coruña, o domingo 10 de setembro de 2017 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) 

Poderán participar atletas federados e non federados 

INSCRICIONS: ata o xoves 7 de setembro de 2017 ás 23:59 horas (prazo ampliado)  NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.

*Os equipos, clubes, centros… que desexen obtar os premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada compoñente, e ademais remitir un correo electrónico á dirección FGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición de atletas do clube cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa (se a ten).  Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680002 e 981 680157.  

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais e os CHIPS recolleranse na secretaría da competición sita na Casa do Concello (a carón da saida) ata media hora antes do inicio da proba correspondente. 

TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO

Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín (en mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3  primeiros homes da carreira XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANAS/OS.  Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o máis veterano que logre concluila proba (da súa categoría, claro).   Os trofeos non serán acumulativos. 

 PREMIOS EN METÁLICO CARREIRA ABSOLUTA         

  • 1º Clasificado/a:    150 €  
  • 2º Clasificado/a:      80 €
  • 3º Clasificado/a:      50 €     

 PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*  CARREIRA ABSOLUTA 

  • 1º Equipo Clasificado:  150 €
  • 2º Equipo Clasificado:  100 €  
  • 3º Equipo Clasificado:    50 € 

PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO*  CARREIRA ABSOLUTA 

  • 1º Grupo Clasificado:  150 €
  • 2º Grupo Clasificado:  100 €
  • 3º Grupo Clasificado:     50 € 


REGULAMENTO DO CIRCUÍTO