Ames, domingo, 22 de outubro de 2017

XVIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE AMES. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 22 de outubro a décimo oitava edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba pertence ao V CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.


As probas disputaranse o domingo, 22 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado e contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola RFEA.
  • Inscricións da carreira: rematarán o mércores 18 de outubro ás 23:59 horas.
  • Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 21 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. PARA NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR ESTABLECIDO.
  • Servizo de duchas: PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE BERTAMIRÁNS
  • Trofeos
Recibirán trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría e tamén os/as tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
Na proba absoluta recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais empadroados/as no Concello de Ames.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos (agás os premios aos/as atletas locais).
PREMIOS EN METÁLICO INDIVIDUAIS (só para a carreira popular)
1º CLASIFICADO/A 300,00 €
2º CLASIFICADO/A 200,00 €
3º CLASIFICADO/A 100,00 €
4º CLASIFICADO/A 75,00 €
5º CLASIFICADO/A 50,00 €