Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Gondomar, sábado, 13 de maio de 2017

XVII MEMORIAL MANUEL BARROS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
10KM FEMININOS 2 inscritos 20:00 10 km 10/05/2017 6,00 plazas
10KM MASCULINOS 15 inscritos 20:00 10 km 10/05/2017 6,00 plazas
JUN- XUV - CAD 4 inscritos 18:00 2,6 km 10/05/2017 0,00 plazas
INFANTÍS 1 inscritos 18:15 1,6 km 10/05/2017 0,00 plazas
AÉVÍNS 2 inscritos 18:30 1 km 10/05/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN 7 inscritos - 0,6 km 10/05/2017 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 5 inscritos - 0,3 km 10/05/2017 0,00 plazas
PITUFOS 8 inscritos 19:30 0,1 km 10/05/2017 0,00 plazas
Inscribirme Total: 44 inscritos
A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar a Sociedade Atlética Val Miñor e contando co patrocinio do Grupo Miñor, organizan o día 13 de maio de 2017 a Carreira Pedestre XVII Memorial Manuel Barros, estas probas de atletismo darán comezo a partir as 18:00 h.

Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, coa excepción dos atletas estranxeiros federados no seu país, excepto os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos. O control da carreira estará a cargo dos xuíces da Federación Galega de Atletismo.
O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do Concello para a carreira de (10 km).
Inscricións: O prazo remata o 10 de maio de 2017 as 20:00 h., a organización será rigurosa co período de peche das inscricións.
Dorsais e chips: Serán entregados o día anterior a proba na casa da Cultura de Gondomar en horario de 17:00 a 21:00 h., e o mesmo día da proba (até 30 minutos antes da celebración de cada carreira) 
Servizos: Haberá servizo de duchas no campo de fútbol Municipal de  Gondomar (AS CERCAS). 

Horario
18:00 Júniors  Femininos/ Masculinos    1999/1998   2.600 m
                Xuvenís Femininos/Masculinos     2000/2001   2.600 m
                Cadetes Femininos/Masculinos    2002/2003   2.600 m
18:15 Infantís Femininos/Masculinos 2004/2005 1.600 m
18:30 Alevíns Femininos/Masculinos 2006/2007 1.000 m
18:50 Benxamíns Femininos    2008/2009                  600 m
19:00 Benxamíns Masculinos  2008/2009                  600 m
19:10 Pre-benxamíns Femininos    2010/2011          300 m
19:20 Pre-benxamíns Masculinos   2010/2011          300 m
19:30 Pitufos Femininos /Masculinos 2012/2013  100 m
20:00 Carreira absoluta          1997 e anteriores   10 km
21:30 ENTREGA DE PREMIOS

Premios: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medallas conmemorativas nas categorías de benxamíns, pre-benxamíns e pitufos. Premiarase ao 1º atleta feminino e masculino do Val Miñor, na carreira absoluta.  Haberá agasallos conmemorativos nas categorías alevíns ata absoluta. Os trofeos non serán acumulativos.
  • Premios en metálico da carreira absoluta:
Mulleres: 1ª 250 €, 2ª150 €, 3ª 100 €, 4ª 50 € e 5ª 30 €
Homes: 1º 250 €, 2º 150 €, 3º 100 €, 4º 50 € e 5º 30 €

ORGANIZACION: CONCELLARÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE GONDOMAR, SOCIEDADE ATLÉTICA VAL MIÑOR.
PATROCINIO: GRUPO MIÑOR E CONCELLO DE GONDOMAR.
COLABORADORES: ROSQUILLAS CRISTALEIRO, COCA COLA.