Ourense, domingo, 19 de novembro de 2017

XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO

A XLI Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 19 de Novembro de 2017.
Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.
  • Inscricións: O prazo de inscrición é desde o 6 de outubro ata o 12 de novembro. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal, chip e camiseta é ata o 4 de novembro de 2017.
  • A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é o venres día 17 de novembro de 16:30h a 20h e o sábado día 18 de novembro de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Recinto Ferial de Expourense, onde se celebra Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo). Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. A recollida anticipada de chips (para os inscritos ata o 4 de novembro de 2017) será os días 16, 17 e 18 de novembro de 2017 nos puntos acordados.
  • A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas.
  • Percorrido: A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios. O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, FernándezOxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.