O Pino, domingo, 30 de abril de 2017

XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de O Pino celebra a décimo cuarta edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 30 de abril de 2017 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao V CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán suxeitas ó seguinte: 

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

TODA A INFORMACION RELATIVA AO CANICROSS POPULAR (REGLAMENTO TÉCNICO) PODERASE CONSULTAR NA WEB www.asociacionacade.com
Inscricións: Admitiranse inscricións ata o mércores 26 de abril de 2017 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Dorsais: recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.