O Pino, domingo, 01 de maio de 2016

XIII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE O PINO

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 304 inscritos 10:45 8,1 km 28/04/2016 5,00 plazas
ESCOLARES 268 inscritos - - 28/04/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 572 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CANICROSS POPULAR 23 inscritos 10:00 3,1 km 28/04/2016 5,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 23 inscritos
O Concello de O Pino celebra a décimo terceira edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 1 de maio de 2016 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago)

  • DISTANCIAS E HORARIOS:
10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m (1 volta ó circuito alternativo)
10:45 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERÁNS 8100 m (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
11:35 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m (1 Volta Grande)
12:00 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m (1 Volta Mediana)
12:15 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m (1 Volta Pequena)
12:25 h PREBENXAMIN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
12:30 h PITUFO 300 m (1 volta ó circuito pitufo)

  • INSCRICIONS: Admitiranse inscricións ata o xoves 28 de abril de 2016 ás 14:00 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. 
  • CANICROSS (2001 e anteriores). TODOS OS ATLETAS QUE PARTICIPEN NO CANICROSS PODERÁN FACELO GRATUITAMENTE NA CARREIRA PEDESTRE. DEBERÁN REMITIR UN EMAIL A DIRECCIÓN deportes@concellodeopino.com INDICANDO ESTA CIRCUNSTANCIA. Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511 002 en horario: 10:00 - 14:00 horas.
  • INSCRICION POR CLUBES: Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.carreirasgalegas.com e remitir un correo electrónico  a dirección deportes@concellodeopino.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS. SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO