Vilagarcía de Arousa, sábado, 23 de xullo de 2016

XIII CARREIRA NOCTURNA CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

A Fundación de Deportes organiza a XIII Edición da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía o 23 de xullo do 2016; baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.   

LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO  A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio municipal.  Marcaránse as saídas en distintos puntos do percorrido en función da distancia que teña que percorrer cada categoría.
INSCRICIÓN: ata as 23:00 h do 21 de xullo.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:  A retirada de dorsais realizarase o mesmo día da proba dende as 18.00 horas ata 45 minutos antes de cada proba por categoría, na secretaría da organización.  
SERVIZOS: Os participantes na devandita carreira terán a disposición os vestiarios e duchas do auditorio e no pavillón Castelao.   
HORARIOS

  • A 2010 e posteriores 125 metros 21:00 h.
  • B 2008-2009 500 metros 21:15 h.
  • C 2006-2007 1.000 metros 21:30 h
  • D 2004-2005 1.000 metros 21:30 h.
  • E 2002-2003 4.000 metros 21:45 h.
  • F 2000-2001 4.000 metros 21:45 h.
  • G 1998-1999 10.000 metros 22:30 h.
  • H 1997-1957 10.000 metros 22:30 h.
  • I 1956 e anteriores 10.000 metros 22:30 h.  
PREMIOS  
  • Medallas para todos os participantes das categorías A, B, C,D,E e F.
  • Camiseta conmemorativa aos participantes da proba absoluta.
  • Trofeo para os tres primeiros clasificados/as en cada categoría (masculino e feminino).
  • Trofeo para os tres clasificados locais masculino e feminino.
  • Trofeo para o/a deportista máis veterano/a.