Xermade, sábado, 21 de outubro de 2017

VIII CARREIRA POPULAR DE XERMADE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 74 inscritos 17:45 6,3 km 19/10/2017 5,00 plazas
XUV - CAD 27 inscritos 17:20 2 km 19/10/2017 0,00 plazas
ALEV - INF 38 inscritos 17:10 1 km 19/10/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN 33 inscritos 17:05 0,5 km 19/10/2017 0,00 plazas
PITUFO - PREBENX 38 inscritos 17:00 0,1 km 19/10/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 210 inscritos

Organización: O concello de Xermade organiza a VIII Carreira Popular de Xermade.
Colaboran: Deputación de Lugo, Federación Galega de Atletismo e Galiorient 

A proba organizarase o próximo sábado día 21 de Outubro ás 17:00 horas, con saída da Praza do Concello (no caso de que o tempo non o permita será desde o pabellón polideportivo) e discorrerá por vias do concello de Xermade. A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou nacionalidade.

Inscripción: As inscripción pecharanse o xoves día 19 ás 23:59 horas.
Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización, ata media hora antes da saída de cada proba. 
Premios: 
  • Todos os participantes recibirán un agasallo conmemorativo.
  • Na categoría de Pitufos e Prebenxamín haberá medallas para todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións. 
  • Categorías de Benxamín a Veterán C: trofeo para os tres primeiros de cada categoria e sexo.
  • A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 18:30h. 
Servizos para os participantes: Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira. 
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Ambulancia con médico.