Santiago de Compostela, sábado, 14 de outubro de 2017

VI CORRESAN RUTA DA PRATA - ANGROIS

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CIRCUITO ADULTOS + SAN SILVESTRE 325 inscritos - - 12/10/2017 20,00 plazas
CIRCUITO ESC 2 + SAN SILVESTRE 79 inscritos - - 12/10/2017 0,00 plazas
CIRCUITO ESC 1 + SAN SILVESTRE 82 inscritos - - 12/10/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 486 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA ADULTOS 86 inscritos 18:45 5,21 km 12/10/2017 6,00 plazas
CARREIRA ESC 2 18 inscritos 18:15 2,31 km 12/10/2017 0,00 plazas
CARREIRA ESC 1 23 inscritos 18:00 1,2 km 12/10/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 127 inscritos

INSCRICIÓN: O prazo remata o xoves 12 de outubro ás 23:59h
RECOLLIDA DE DORSAIS: Entregaranse na planta de deportes de El Corte inglés de Santiago de Compostela dende as 11:00h ata as 16:00h do sábado.  Tamén nas inmediacións da saída dende as 16:45h ata media hora antes do inicio de cada proba.

CIRCUÍTO CORRESAN
É un pracer presentarvos o “VI Circuíto de carreiras saudables CorreSAN 2017, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuito CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico en diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de benxamíns a veteranos) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.