Santiago de Compostela, sábado, 02 de decembro de 2017

VI CORRESAN PONTE MANTIBLE - VITE

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 465 inscritos 17:20 5,9 km 30/11/2017 6,00 plazas
ESCOLARES 2 100 inscritos 17:00 2 km 30/11/2017 0,00 plazas
ESCOLARES 1 109 inscritos 16:45 1 km 30/11/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 674 inscritos

REPARTO DE DORSAIS: Levarase a cabo na pista polideportiva que hai no interior do Parque da Ponte Mantible.
Ubicación Parque Ponte Mantible: Aquí
SERVIZO DE DUCHAS: Pavillón Municipal de Vite en horario de apertura de 17 a 20 horas.
Ubicación do pavillón:  Aquí


XA PODES CONSULTAR A CLASIFICACIÓN DESPOIS DE TRES PROBAS

CIRCUÍTO CORRESAN

É un pracer presentarvos o “VI Circuíto de carreiras saudables CorreSAN 2017, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuito CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico en diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de benxamíns a veteranos) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.