Santiago de Compostela, sábado, 16 de setembro de 2017

VI CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CIRCUITO ADULTOS + SAN SILVESTRE 287 inscritos - - 14/09/2017 24,00 plazas
CIRCUITO ESC 2 + SAN SILVESTRE 64 inscritos - - 14/09/2017 0,00 plazas
CIRCUITO ESC 1 + SAN SILVESTRE 64 inscritos - - 14/09/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 415 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CARREIRA ADULTOS 238 inscritos 22:30 5,5 km 14/09/2017 6,00 plazas
CARREIRA ESC 2 10 inscritos 22:00 2,2 km 14/09/2017 0,00 plazas
CARREIRA ESC 1 21 inscritos 21:45 1,01 km 14/09/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 269 inscritos

INSCRICIÓN: O prazo remata o xoves 14 de setembro ás 14:00h
RECOLLIDA DE DORSAIS:
  • Venres 15 de 10 a 22 horas na planta de Deportes de El Corte Inglés Santiago
  • Sábado 16 de 10 a 18 horas na planta de Deportes de El Corte Inglés Santiago
Excepcionalmente, poderanse recoller na Praza do Obradoiro, no caso de que sexa imposible achegarse ata o Corte Inglés en horario de 19:45 a 21:15 horas.
Prégase que os atletas inscritos na modalidade de circuíto recollan a camiseta do mesmo, tanto adultos como escolares no Corte Inglés.
SERVIZO DE DUCHAS: O Concello de Santiago habiltará de 21.00 a 00.00 horas o Polideportivo Municipal de Lorenzo de La Torre para o servizo de duchas na proba.
CIRCUÍTO CORRESAN
É un pracer presentarvos o “VI Circuíto de carreiras saudables CorreSAN 2017, un programa de carreiras organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuito CorreSan representa unha iniciativa para Compostela que traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico en diferentes contornos da cidade. Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades (de benxamíns a veteranos) con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.