Muros, domingo, 10 de setembro de 2017

VI CARREIRA SOLIDARIA DA PISCINA MUNICIPAL DE MUROS

A Concellería de Deportes a través da Piscina Municipal de Muros organiza o domingo 10 de setembro a VI Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. 

INSCRICIÓNS: O prazo límite de inscricións será o mércores 6 de setembro ás 23.59 h, non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da proba. 
LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS: Piscina Municipal de Muros (Soborribas, s/n Serres). 
  • SÁBADO 9 de setembro dende as 9.00 h ás 13.00 h. 
  • DOMINGO 10 de setembro dende as 8.30 h ata 1 hora antes do inicio da carreira absoluta. 
LUGAR DE SAÍDA E META: Dende a Piscina Municipal de Muros. 
SERVIZO DE DUCHAS: Piscina Municipal de Muros. 
AVITUALLAMENTO DE META: Proporcionarase auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.