Rianxo, mércores, 01 de novembro de 2017

V CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a V Carreira Popular Concello de Rianxo, o mércores 1 de novembro de 2017. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
  • V Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
  • II Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.