Touro, domingo, 28 de maio de 2017

V CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE TOURO

As probas  disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada de cada proba farase na rúa Isabel II, a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.

  • A inscrición da proba poderá realizarse ata o xoves 25 de maio ás 23:59 horas. 
  • Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada na Casa do Concello, a carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos antes de cada proba correspondente.
PREMIOS
Percibirán trofeos:
  • Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos, agás a categoría pitufo que non Terán clasificación, e tamén os tres primeiros/as clasificados/as da proba  junior–promesa, senior e veteranos masculino e feminino.
  • Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como femeninos tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible estar empadroado no Concello de Touro.
  • O primeiro clube masculino e o primeiro clube femenino na clasificación final, establecida pola suma dos seis primeiros clasificados e seis primeiras clasificadas do clube na clasificación individual final. Nesta clasificación só se admitirá a participación de clubes federados que deberán inscribir os seus atletas de xeito individual marcando a opción de “participa na clasificación de clubes” en cada inscrición.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.