Santa Uxía de Riveira, domingo, 10 de setembro de 2017

RIVEIRA 21 - XXVII CAMPIONATO DE GALICIA DE MEDIO MARATON

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
RIVEIRA 21 231 inscritos 10:00 21,1 km 03/09/2017 15,00 plazas
06/09/2017 18,00
Inscrición finalizada Total: 231 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CAMPIONATO 253 inscritos 10:00 21,1 km 05/09/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 253 inscritos

O Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro 10 de setembro de 2017 o I Medio Maratón Riveira21, que será a súa vez Campionato de Galicia absoluto e das categorías junior, promesa e veteráns. A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.

HORARIO e LUGAR DE SAIDA: A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas desde a zona do Porto de Aguiño. 
CIRCUÍTO: O percorrido está situado no centro urbán e periferias da cidade de Riveira (A Coruña). O circuíto estará medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).
INSCRICIÓNS: realizaranse ata o mércores 6 de setembro ás 23.59 horas de 2017.
ENTREGA DE DORSAIS-CHIP:
Realizarase o sábado na oficina de turismo no Malecón de Riveira de 18 a 20 horas e o domingo 10 de setembro entre ás 08.30 e 09.30 horas na zona do Malecón. 
CATEGORÍAS
  • Júnior   1998-1999
  • Promesa   1995-1996-1997
  • Sénior   Desde o 1994 e anteriores ata veteranos
  • Veteranos/as 1   De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
  • Veteranos/as 2   De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
  • Veteranos/as 3   De 45 a 54 anos cumpridos no día da proba
  • Veteranos/as 4   De 55 anos cumpridos no día da proba e anteriores
Para o Campionato de Galicia de Medio Maratón realizaranse as categorías establecidas na Circular do Campionato, as inscricións do Campionato realizaranse na seguinte ligazón da RFEA e terán que ser os clubes os que inscriban no campionato aos seus atletas.

A inscrición no Campionato será gratuita, pero o atleta que non se inscriba no medio maratón Riveira21 perderá a opción a recibir o agasallo técnico e a optar a calquera tipo de premio da carriera popular. 

AVITUALLAMENTOS: Realizaranse postos de avituallamento nos kilómetros 5, 10, 15 e meta.
SERVIZOS: A organización poñerá a disposición das persoas participantes avituallamento e GARDARROUPA na zona de saída/meta, e duchas e vestiarios no polideportivo municipal de Coroso e Centro Deportivo de A Fieiteira.