Padrón, sábado, 18 de febreiro de 2017

PADRÓN 10KM. X CAMPIONATO DE GALICIA DE 10KM EN RUTA

A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 18 de febreiro de 2017 a partir das 16:00 horas, o PADRÓN 10K 2017 (XV Carreira Popular Concello de Padrón) que será a súa vez Campionato de Galicia Absoluto e das categorias Junior, Promesa e veteranos de 10 km en Ruta 2017.

A proba absoluta se disputará sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón (A Coruña) e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago).


CIRCULAR DO CAMPIONATO