Ourense, domingo, 30 de abril de 2017

OURENSE MILLA SOLIDARIA 2017

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
VETERÁN 92 inscritos - 1,61 km 26/04/2017 3,00 plazas
SENIOR 32 inscritos - 1,61 km 26/04/2017 3,00 plazas
PROMESA 4 inscritos - 1,61 km 26/04/2017 3,00 plazas
JUNIOR 3 inscritos - 1,61 km 26/04/2017 3,00 plazas
XUVENIL 3 inscritos - 1,61 km 26/04/2017 3,00 plazas
CADETE 11 inscritos - 0,8 km 26/04/2017 0,00 plazas
INFANTIL 8 inscritos - 0,8 km 26/04/2017 0,00 plazas
ALEVÍN 7 inscritos - 0,4 km 26/04/2017 0,00 plazas
BENXAMÍN 9 inscritos - 0,4 km 26/04/2017 0,00 plazas
PITUFOS 18 inscritos 12:00 0,1 km 26/04/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 187 inscritos

Sublime Deporte y Cultura S.L., coa colaboración do Club Deportivo Aurum, o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense e coa autorización da Federación Galega de Atletismo, organiza a Ourense Milla Solidaria 2017, que se celebrará en Ourense o domingo, 30 de abril de 2017. 
Ourense Milla Solidaria 2017 é unha carreira pedestre de carácter popular e solidario. O recadado en concepto de inscricións será doado integramente á “Asociación Española Contra el Cáncer”. 

  • Ourense Milla Solidaria 2017 desenvolverase na rúa do Paseo de Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola RFEA no que 4 voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,34 m. O número de voltas e distancia a percorrer adaptaranse segundo a categoría. 
  • Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares.
  • As inscricións estarán abertas o 3 de abril ata o 26 de abril de 2017 ás 20:30 h. 
  • A recollida de dorsais farase no Centro Municipal José Ángel Valente (Antigo Banco de España) o mesmo día da proba dende as 10:00 h. 

Premios

  • Todos/as os/as participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a súa proba. 
  • Os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría, recibirán unha medalla.