A Coruña, domingo, 26 de febreiro de 2017

IX MEDIO MARATÓN C21

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
VETERÁN 1524 inscritos 10:00 21,1 km 12/02/2017 15,00 plazas
19/02/2017 25,00
SENIOR 391 inscritos 10:00 21,1 km 12/02/2017 15,00 plazas
19/02/2017 25,00
PROMESA 15 inscritos 10:00 21,1 km 12/02/2017 15,00 plazas
19/02/2017 25,00
JUNIOR 6 inscritos 10:00 21,1 km 12/02/2017 15,00 plazas
19/02/2017 25,00
Inscrición finalizada Total: 1936 inscritos
Saída Distancia Inscrición ata Prezo
CADEIRA DE RODAS 58 inscritos - 21,1 km 12/02/2017 15,00 plazas
19/02/2017 25,00
Inscrición finalizada Total: 58 inscritos

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 26 de Febreiro de 2017 o IX Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros. 

  • A saída da carreira terá lugar ás 10:00 horas. 
  • A saída da carreira para discapacitados en cadeira de rodas darase con antelación á absoluta, e o seu horario definitivo será comunicado antes da data da carreira.
  • O percorrido está situado no centro urbano da cidade da Coruña. O circuíto está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A).
CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA: A carreira estará controlada pola Federación Galega de Atletismo a través do seu Comité Galego de Xuíces.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:  As e os participantes poderán recoller os seus dorsais e chips, que serán de uso persoal e intransferible, os días 24 e 25 de febreiro no Departamento de Deportes de El Corte Inglés do centro Marineda City no seguinte horario:
  • Venres de 17.00 a 21.30 horas.
  • Sábado de 10.00 a 21.30 horas.
Como é habitual en todas as carreiras organizadas polo Concello, habilitarase un prazo excepcional para todas aquelas persoas que non poidan recoller o dorsal até o mesmo día da celebración. Así, poderán facelo entre as 08.00 e as 09.00 horas da mañá do domingo 26 (até unha hora antes da saída) no espazo preparado para este reparto no Cantón Grande.